Saturday 11 de May de 2024

Capela Lauda Sion en concerto


Con motivo da celebración do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán, este xoves, 18 de agosto, a IGREXA DE SANTIAGO DO DEÁN acollerá un concerto de música contemplativa interpretado pola CAPELA LAUDA SION, que dará comezo ás 21.30 h.

Baixo a dirección de Alexandre Fontán, “Barbantia Sacra. A música no tempo do convento franciscano do Xobre”, incluirá a interpretación dunha escolma de composicións extraídas dos cantorais dos séculos XVII e XVIII que se conservan daquel convento, asinadas polo Pai Felipe Paseyro.

O concerto, promovido desde o Museo Valle-Inclán, conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura e o Concello da Pobra do Caramiñal.